Uns renovados Premios da Crítica celebran a vitalidade da cultura galega

Ana Romaní, Jorge Mira, o Proxecto Terra ou Son de seu entre os galardoados

A Fundación Premios da Crítica de Galicia celebrou este sábado en Vigo a triséximo cuarta edición dos seus premios. Cun amplo xurado, e no transcurso dunha cea de gala, a renovada entidade premiou A Ana Romaní na creación literaria, Jorge Mira, no de investigación, Son de Seu, no de música, o Proxecto Terra, no de Iniciativas Culturais, a Ángela de la Cruz, no de Artes Plásticas e Visuais e a obra Citizen, de Chévere, no de Escénicas e Audiovisuais. Bieito Ledo, Presidente da Fundación Premios da Crítica aludiu á vontade de galeguismo integrador dos galardóns e explícanos a filosofía da Fundación e os seus premios nesta entrevista en vídeo.